1º victoria na casa

09.12.2009 00:03

Primeira victoria na casa con goleada

 

SCD SANTA COMBA 6 :Óscar, Marcos, Adrián, Moncho, Leandro (Asier 73´); Pibe, Lucas (Emilio 77´), Manu, Pablo; Iván e Diego (Cupeiro 82´).

 

ARENAS CF 1: Tonino, Varela, Gonza (Palacios 46´), Chamouco, Diego; Adrián, Pol (Andresín 48´), Piojo, Vitucho; Cid (Fran 60´) e Cazón.

 

ÁRBITRO: Bilbao Vizcaíno (Lugo)

CA: Locais:Pibe e Lucas. Visitantes: Varela, Gonza, Diego e Pol.

 

GOLES: 1-0 Moncho 30´ /  2-0 Adrián (p.) 33´ /  2-1 Chamouco 39´  /  3-1 Adrián 60´  / 4-1 Diego 66´  /  5-1 Diego 77´  /  6-1 Iván (p.) 87´

 

Houbo que esperar ó partido aprazado correspondente a xornada 10 para que o Sta. Comba sumara a súa primeira victoria da tempada como local diante do Arenas CF, con goleada incluída, un 6-1 que deixa clara a superioridade do cadro de Xaime.

A primeira metade rematou con avantaxe local por 2-1, con goles de Moncho, ó aproveitar o rexeite de Tonino nunha falta botada por Pablo, e de Adrián ó transformar un penalti cometido sobre Diego. Chamouco recurtou para o Arenas aproveitando un “aclarado” da defensa local despois dun balón prolongado, de xeito que só tivo que empurrar a pelota ó fondo das redes de Óscar, chegándose ó descanso con máis dúbidas das previstas polo apretado do resultado.

A segunda metade foi de clara superioridade local despois do 3-1, conseguido por Adrían cun lanzamento directo que superou a un adiantazo Tonino por arriba. A partir de aí foi coser e golear. Diego por dúas veces e Iván, ó transformar outro penalti, pecharon un máis que contundente resultado.

Como valoración xeral do encontro dicir que o Sta. Comba volveu a estar bastante impreciso na primeira metade, con excesivos pases fallados e pouca sincronización nos movementos de apoio e desmarque. Na reanudación todo foi sobre rodas porque o rival se descompuxo cos goles en contra e os locais xogaron a pracer. Do Arenas pouco que engadir, nada máis que xustificou con medras o seu posto na táboa.

Como un rara vez esconde as súas opinións, non podo deixar de comentar algo que non me pareceu beneficioso para o equipo, e non é outra cousa que o execesivo individualismo de Iván e de Diego en varias accións nas que, tendo a compañeiros en mellor situación, optaron por rematar eles as xogadas. Non sei se hai premio ó máximo goleador (terei que preguntar) ou se lles fallou a “visión de xogo”. En todo caso non é a primeira vez que desde aquí se lles recoñece a súa aportación, simplemente é cuestión de esixir a quen pode dar.

O vindeiro domingo visita Tras do Novo o Castroverde, equipo que non vai ser un rival nada fácil. Serán outros tres puntos importantes para ir perdendo de vista os postos de abaixo e irse arrimando a zona de privilexio, nada imposible vendo a igualdade do grupo que fai que con dous resultados favorables subas moitos enteiros na clasificación. 

Volver