Entrevista a Asier

26.09.2009 01:38

Entrevista a Asier

 

-Boas Asier,¿que tal o inicio de liga?,2 xornadas e 4 puntos...

Boas.Pois o inicio da tempada foi bastante bó aínda que podiamos levar 6 puntos xa que contra o Polvorín xogouse moi ben e se non fora por ese penalti...Esperemos que sigamos pola misma xeira.

-¿Como ves ao equipo,boas sensacións ou aínda queda por mellorar?
 
Home, ainda queda por mellorar xa que hai que traballar a táctica e a estratexia sobre todo.E fisicamente aínda nos queda un pouquiño xa que acabamos un pouco fundidos nestes partidos, pero creo que vamos polo bó camiño.

 

-¿Entón sobre cando poderemos ver o mellor nivel do colectivo?
 
Supoño que o mellor nivel alcanzaráse a mediados de tempada aínda que algúns veteráns coma Pibe ou Moncho non sei se darán seguido o ritmo.jaja


-Vexo que tes boas sensacións,¿Que obxectivo cres que se ten que marcar a S.C.D. nesta tempada?

O máximo obxetivo segun meu parecer é ser un grupo de amigos.A partir disto os resultados acabaran chegando.Nestas categorias o importante é ter un bó grupo de compañeiros xa que se existe "bó rollo" o equipo funciona mellor.
Para isto é importante recuperar o antigo "espíritu da parrilla" onde antano se puideron presenciar grandes tertulias sobre o Santa Comba. 

-Despois da lesión e todo o proceso que conlevou…¿que tal o reencontro co equipo?¿Que tal o recibimento?¿que cousas novas te atopaches nesta 2009-2010?
 
Xa tiña ganas eu de volver a xogar ao fútbol.Facía xa tanto tempo...
Os meus compañeiros recibíronme moi ben e menos mal que recuperei a forma se non houbéranse feito moitas bromas sobre a miña barriguiña.jaja
Novo,novo case nada.O cambio de adestrador notouse xa que vexo a xente moito máis ilusionada que nas tempadas anteriores.E sobre todo o que me causou sorpresa e que ás vellas glorias xa se lles vai notando a idade nos adestramentos.jaja


-Supoño que romperse no momento de forma no que estabas o ano pasado,foi un duro golpe non...

Pois si,xa que facía tempo que non me atopa tan ben, pero que se lle vai facer.Cousas que ten a vida.Esperemos volver a estar asi de ben nesta tempada.

-E agora volves a xogar no lateral,¿posición provisional ou volvendo aos orixes?

Non xogaba nesta posicion dende a tempada de 1ª rexional pero atópome bastante comodo de momento.De todos é sabido que prefiro xogar no interior pero cás ganas que teño de xogar dame igual a posición, aínda que espero recuperar algun día o meu carril.



-Falemos de futuro¿Veremos algún día a Asier lucindo o brazalete de capitán da S.C.D.Santa Comba?Esta é boa eh...
A miña intención  e acabar aquí ata que me retire ou acabe fodido dos pulmóns.Sempre me trataron moi ben,con especial mención ó gran Tolin.
Para alcanzar ó brazalete ainda teño que "eliminar" a un Moncho que parece que xogará ata os 40,a un Pablito que ten a lei da súa parte, a un Rafa que sempre cumpre e a un  tal Xardiñeiro Cruz ou algo asi que vai dando vergoña polas pistas das pedreiras.
E despois de todo isto aínda dependo do criterio do adestrador, polo cal esta moi difícil.

-¿Con que te quedas de positivo nestas 5 tempadas que cumples na S.C.D.?

O máis positivo que me quedo nestas tempadas é toda a xente que fun coñecendo ó longo de tódolos anos, xa que entablei grandes amistades con xente que agora non esta no club, ben porque deixaron o fútbol ,ben porque foron a "equipos con aspiracións" e tamén con xente que leva no club dende que eu cheguei ou que foi chegando e quedáronse.

-E xa pra rematar,unha reflexión persoal que queiras deixar,destapa o teu libre pensamento...
 
Se deixara voar o meu pensamento poderiamos estar aquí horas sen chegar a ningures…
Só dicir que espero non defraudar a ninguén e...
Un,dous,tres, Santa Comba!!!!!!!!!!

 

Dando un recital coma sempre,moitas grazas por estes minutos concedidos e moita sorte.

 

 

Volver