Entrevista a Cupeiro

10.11.2009 12:21

Hoxe temos unha das entrevistas máis esperadas polas verbas que pode ofrecer Marcos Cupeiro, unha persoa que sempre da xogo dentro e fora do campo,e sincérase con nosco nesta entrevista.

 


-Xa sabemos que os teus inicios no mundillo do fútbol foron dende a portería,contanos cando decides colgar os guantes e reconverterte en xogador.

 

Bueno espero que poñas o que vou dicir. De rapaz saliame por riba dos demais no aspecto de xogador, pero a miña mala cabeza xogoume malas pasadas por querer ser o máis grande (e sempre intentando demostralo con impulsividade, eso xogoume unha mala pasada) empezei de porteiro despois der ter unha escordadura no pe e deronme a elixir en operarme ou cortar o gran exceso de deporte que facía: atletismo, fútbol, baloncesto,etc.

Si, foi unha casualidade, xogando co colexio a fase de clasificación pos provinciais, tiñamos que ganarlles os 2 primeiros por 5 goles de diferencia. na mais empezar o partido puxemonos 1-0(gol do meu irman). e noso gran porteiro era capaz de facelo increible, como de cagala. e en 2 min. meteronnos 3 goles, e fixose o lesiona. meus compañeiros dixeronlle o mister que me puxera a min.(como non podia xogar,no recreo poñiame de porteiro,e non o facia nada mal). foi a experiencia máis grande da miña vida, tiñamos todo perdido, de hai que non quedaba máis que a heroicidade. aquelo foi increíble, todo saía perfecto , todos arriba e eu soiño parándoo todo, acabamos 7-3 gañando,daba igual que viñeran 2 ou 3 tres contra min era imposible penetrarme.E ese foi o meu salto como arqueiro. 

-¿E como acaba Cupeiro de mediocentro?

 

Como estabamos bastante xustos, empezaronme a poñer de lateral xa que eu non o facia mal de xogador e o outro porteiro non lle sabia dar nin de punta. o presi da Sarriana viñanos ver xogar e  claro vía o meu potencial fisico o non paraba de dicir que eu era o makelele do equpo e xa o podes imaxinar.

 

¿E para concretar máis,eres ofensivo ou defensivo?

Sempre fun moi atacante, de feito de novo era a referencia arriba, e moi goleador.( de feito nun torneo de infantis polo San Xoán marcara 19 goles en 4 partidos)

 

¿E gustábache xogar aí ou moldearonte?

 Creo que xa quedou claro o porque de xogar hai, non. debe ser pola forza que teño.

-Bueno bueno...vamos a entrar un pouco no presente,esta,xa case é unha pregunta estándar,¿como ves a evolución do equipo nesta tempada?¿Cres que,como se di por ai,estase por riba das posibilidades ou pola contra estase alí arriba por méritos propios?

 Para nada, temos un nivel moi alto. hai un moi grande equipo, pero por desgracia non lle estamos a sacar o mellor resultado. Tamén creo que o descenso que sufriu o equipo estao a comverter nunha lousa moi pesada.(hai estou dacordo co folleto que trouxo Picos o ano pasado, e que sigue colgado no vestiario)


-¿Como se leva tanto cambio de cromos dunha tempada a outra?dende o adestrador a varios xogadores...

 Pois non creo que eso afecte xa que a columna vertebral do equipo segue ahí e eso e unha ventaxa ca que non pode contar calquer equipo. Creo que despois dos equipos que teño pasado nunca tiven o pracer de ter unha directiva tan imvolucrada, tanto no aspecto de responsabilidade coma no deportivo. e é algo que fai a este equipo ser un dos equipos máis codiciados por poder xogar nel.

-¿Cres que a fama xoga un partido importante co teu rol no equipo?

 

Home isto e unha pregunta que deberíades responder os compañeiros, e non eu. esta claro que a miña impulsividade non xoga nada hacia o meu favor, pero tamén creo que son un bon compañeiro.(mátame o meu instinto gañador,e o jodido que eu mismo non me saco o mellor rendemento. Todo e a puta impulsividade)

 

-¿E que pasa na casa?,parece que tanta ansiedade da 1º victoria xoga malas pasadas....

creo que o efecto guardiola estalle a pasar factura os misteres destas categorias. non hai mais que dicir que o futbol e resultadista e o que intelixente sabe sacarlle o mellor resultao a un grupo.(tantos anos que teñen pelexao ista directiva, saben sacarlle o mellor resultado o equipo)

 

 

 

-Que o das todo ninguén o discute,pero ¿tanta ansiedade non pode ser contraproducente?

 Xa está respondido ese tema. Pero teño que facer un inciso, haber xogado de porteiro é unha ventaxa que non ten calquera xogador. É unha pregunta que me fago pa min, ¿que farian 11 cupeiros nun equipo, como lle xogarias? Ou igual podían ser un desastre. pero sería COMPLICADO PARALOS.Ti que crees?


-¿Estás facendo unha declaracion de intencións de cara ao corpo técnico?

 Para nada, co tempo claro que me gustaría. E considero que non o faría mal.(deixando a modestia a parte)

 

 

-Veña e agora despois de deixar patetnte a túa sinceridade e xa para rematar,deixa unha reflexión final...

Bueno, como aínda que igual non poida soar moi ben ,teño que dicir que se somos un pouquiño de persoas e deixamos as confianzas a parte. este equipo se o colle J.A. e Ríchard ibamos dar moito que falar .Tamén co gran traballo e gran persoa que e MACANÁ. AUPA SANTA COMBA!!. Gracias por volverme dar a oprtunidade de volver o equipo que levo no corazón. Un saudo para todos.

 

Volver