Entrevista a Jose,xogador da S.D.Guitiriz e administrador de futbollucense.es

15.09.2009 17:42

-Boas Jose,e ante todo agradecerche que compartas estes minutos connosco,e tamén de que nos botes unha man promocionándonos...
Grazas a vos por acordarvos de min e en canto a web so podo felicitarvos por iniciar este proxecto para o voso club


-¿Como nace a idea para construír esta páxina?
A idea parte de moito tempo atrás, cada fin de semana e debido a gran cantidade de persoas que coñecín grazas o fútbol; as chamadas, sms...son continuas, así que pensei que compartir todos estes resultados e datos era unha opción interesante
 
-¿Como funciona un fin de semana de ligas na web? Supoño que será coma unha redacción de calquera periódico...
Si, os fins de semana son de moitas chamadas, recibidas e efectuadas, onde ademais dos resultados a xente che conta un pouquiño como foron os encontros. Lembro que a tempada pasada na penúltima xornada de liga, realicei un "carrusel en directo" cos encontros nos que se disputaban tanto ascensos como descensos, por momentos vinme un pouco desbordado pero a sensación desa experiencia e un dos gratos recordos que me deixa esta páxina.

-¿Como se dixire que futbollucense.es en tan pouco tempo se convirta no lugar que moitos xogadores de tódalas provincias esteñan atentos as túas actualizacións de resultados,clasificacións etc..?
E un feito que me anima a intentar continuar ofrecendo toda a información posible e o mesmo tempo me "entristece" un pouco por non dispor de máis tempo para ofrecer unha maior cantidade de información ou as veces ata simplemente poder reflexar toda a que me facilitan.
 
-A título persoal...¿tanto esforzo vese recompensado?
Persoalmente si que me vexo recompensado, por que o meu obxectivo era compartir cos demais a información que me chega cada fin de semana, sinceramente non estou moi pendente do número de visitantes nin esas cousas, pero e certo que axuda o saber que hai persoas as que lles e útil a información publicada na web

 -¿Teremos futbollucense.es  para tempo? Esperemos que si.....
A verdade e que nunca me plantei está cuestión, supoño que existira mentras teña o tempo suficiente pa dedicarlle e por suposto mentras exista xente que a atope útil.


-Bueno, agora vamos a cambiar de tema e vamos a falar un pouquiño de fútbol:
 ¿Que tal a nova andaina pola 1ºautónomica?Polo de agora inicio con victoria.

Comezar gañando sempre e importante, así que nese sentido moi contentos.. Agora a seguir na mesma liña de traballo e ilusión que sempre son bos acompañantes para conseguir os obxectivos marcados.
 
-Supoño que se notara o cambio de categoría...
Apesares de que non conseguimos asentarnos na categoría nos últimos anos, somos un equipo con experiencia en Primeira Autonómica e coñecemos as dificultades que presenta a categoría. O noso club ten unha filosofía moi clara e nos sabemos adaptarnos perfectamente a ela, somos conscientes de que debemos traballar moito por que o nivel respecto a segunda e superior pero confiamos plenamente nas nosas posibilidades.
 
-¿Cal pode ser o obxectivo da S.D.Guitiriz nesta nova andaina na 1º autonómica?
  Como che comentaba levamos uns anos alternado 1ª e 2ª e o noso obxectivo e asentarnos na categoría.

 


-¿Como ves o futbol provincial na actualidade?¿Que lle engadirías para melloralo un pouco,e que che gustaría que desaparecera?
Eu creo que notou moito o deterioro do fútbol base, que paulatinamente se está a recuperar polo tanto creo que os vindeiros anos serán mellores e contaremos con mais equipos lucenses en categorías superiores. Encanto o de engadir ou suprimir e difícil buscar unha formula máxica así que eu persoalmente apelaría a responsabilidade de cada club e por suposto as das distintas organizacións para conseguir un fútbol lucense mais competitivo.
 
E xa pra rematar,unha reflexión final que queiras engadir..
Agradecervos a posibilidade que me brindades con esta entrevista e transmitirvos o meu desexo de que tanto futbollucense.es coma a vosa páxina sexan de interese e ademais o sexan por moito tempo. E pa rematar e aproveitando o comezo desta nova tempada desexarlle sorte a todos os equipos e que na medida do posible cumpran os seus obxectivos.

 

Moitas grazas a ti Jose,un saúdo,e sorte para ti e para a S.D.Guitiriz nesta nova tempada.

Volver