Entrevista a Rafa

27.10.2009 12:34

 

-Qué tal Rafa, menudo inicio de tolos ¿non?, parece que esta tempada calquera pode ganar a calquera,¿cales son para ti os que van a andar na pelexa polo ascenso?

Sí que he certo que hay máis nivel que outros anos e que vai a haber bastantes resultados sorpresa , como o noso en Monterroso, pero van a ser sobre todo Monterroso, Taboada, Calasancio e o Santa comba ( como non).

- Entón o obxectivo do Santa Comba ten que ser…


O obxectivo é estar entre os catro primeiros como mínimo, todo dependerá de como transcurran os primeiros partidos, (recordemos que casi xogamos con todos os favoritos) pero ó do ascenso está máis cerca que outros anos, sobre todo
pola boa forma física que estamos a coller (uns máis que outros pero en xeral bastante boa) e esperemos que siga así o resto de tempada.

 

-Véxote ambicioso,¿entón que factores se poden dar para que a S.C.D. se meta na disputa ou para que se quede en terra de ningures?


Creo que vai ser igual que outros anos, si nos respetan as lesiós e se sigue entrenando non creo que teñamos ningún tipo de problema para estar arriba.

-¿Entón cal pode ser o motivo polo que a S.C.D. non acabe de subirse de todo ao tren dos postos nobres da liga?

O maior problema que estamos tendo a nivel colectivo ven sobre todo polo medio do campo, (recordemos que vexo tódolos partidos dende ó banquillo onde mellor se vén as carencias e os problemas), pero creo que o vamos a sacar a diante con traballo e a base de recibir batacazos.

-¿Qué valoración fas deste inicio de tempada no colectivo coma no persoal?

Como xa che dicía o principio no colectivo creo que non puido ser mellor (salvo a derrota co Paradela, que por certo foi bastante xusto xa que non merecimos gañar en ningún momento) pero no persoal non tanto, xa que non estou xogando o que me gustaría pero teremos que aguantar un pouco, non moito jejeje.



-Despois de varios anos xogando de,lateral,interior,central...sinceramente,¿cal é a túa posición natural?¿Onde cres que das o cen por cen?

Ben, si que é certo que onde máis me gusta xogar é de interior pero
polo que dín é de lateral onde mellor xogo. Pero eso non tén moito que ver
xa que parece que han encontrado a miña posición idónea, de banquillo
esquerdo, é onde máis estou despuntando e onde se me saca mellor partido, (jejeje, con non moi boa cara).



-A verdade é que este ano,a diferenza doutros,parece que se reune un bloque máis amplo..¿iso se ten que notar na intensidade dos adestramentos non?


Como non, se entrena con maior dureza xa que cada ún intenta demostrar o que pode facer e o que pode dar, que pode ser máis útil e DÁLO TODO POLO CLUBE E POLA CAMISETA (haí vai o espíritu patriótico e sentimentalista jejejeje AÚPA SANTA
COMBA jejeje).

-¿Que valoración fas da túa xa longa traxectoria no clube?

A miña traxectoria?, ben, xa que non estaba predestinado para xogar en primeira división (co meu talento e as miñas volteretas non sei porqué pero vámolo deixar de momento,jeje) o mellor é pasálo ben cun gran grupo de amigos e
seguirlle pegando patadas ó balón, que cando chega ó verao entra esa morriña polo fútbol que nin te conto.
A parte de todo eso hai que incluir esos pinchos da parrilla que non habería en ningún outro lado.

- E xa pra rematar,algo máis que queiras engadir...

Xa dixen tódo o que tiña que contar, ou casi todo (sempre reservo algo para máis en diante jeje) pero espero que tódo siga indo ben e que tiremos para enriba na clasificación xa que merecemos voltar a primeira porque ese ano que todos recordamos
non mostramos o potencial que tiñamos, supongo que por pagar a novatada . Un saúdo a todos :-).

 

 

Volver