SDC Polvorín 0 - SCD Santa Comba 1

05.04.2010 22:08

A SCD Santa Comba volve a ofrecer a súa mellor imaxe e vence ao Polvorín

 

 

Merecida victoria a que colleitou hoxe pola tarde o Sta. Comba no campo do Polvorín, onde superou ó cadro local por 0-1 cun gol de Diego nos minutos finais do encontro. Os visitantes tiveron máis ocasións e controlaron sen excesivos problemas o xogo combinativo dos locais, moi previsible e con pouca profundidade.O Sta. Comba, que en nada se pareceu ó equipo parsimonioso do partido do xoves santo, saíu moi enchufado e, nos primeiros 15 minutos, apenas deixou pasar do medio campo ós locais. Un moi activo Pablo levou continuamente perigo pola súa banda, destacando un tiro que rexeitaron entre Carlos e o pao a córner. Arredor do minuto 30 Diego e Pelayo voltaron a poñer en apuros ó meta local. Pola súa banda, o Polvorín só tivo unha ocasión nun centro que se paseou polas inmediacións da portería de Óscar sen atopar rematador.A segunda metade foi máis igualada, cun Polvorín que saíu algo máis forte pero adolecendo de profundidade. Xulián, adestrador local,  fixo varios cambios tratando de mellorar en ataque, pero a defensa visitante amosouse expeditiva en todo momento. A xogada clave chegou no minuto 85 cando Diego, que xa tiña a tenda de campaña instalada a rentes da área local desde facía moitos minutos, controlou un balón longo de espaldas á portería, foi capaz de zafarse do acoso dos centrais, xirar e soltar un tiro raso e colocado que fixo inútil a estirada de Carlos. Nos minutos finais do encontro o Sta. Comba apenas pasou apuros para manter a avantaxe no marcador e sumar tres novos puntos.Como valoración xeral do visto no campo do Polvorín dicir que o resultado de onte en Monforte, coa derrota do Calasancio a mans do Taboada, debeu influir negativamente no estado anímico dos locais ó quedarse practicamente sen opcións de ascenso. Quizáis fora a razón pola que saíron algo relaxados diante dun rival que, hoxe si, tiña a motivación correcta. Polo que respecta ó xogo de uns e outros sinalar que ó Sta. Comba lle faltou maior velocidade nos puntas para concretar certas xogadas e que estos non sincronizaron ben cos medios a presión sobre a pelota, de xeito que unhas veces estaban moi arriba e o resto do equipo moi atrás, deixando un espazo no que podían recibir con comodidade os xogadores locais. O cadro de Xulián tentaba mover a pelota cerca da súa área para atraer a presión rival, circulando dun lado a outro, pero a maioría das saídas morrían no medio campo. Estilos de xogo distintos, un máis combinativo, outro máis directo, que darían para un debate no que non queremos entrar aquí.Pendente da resolución do partido do Muralla, o Sta. Comba meteu no peto 12 puntos seguidos que poden ser 15. Quen o dixera fai unhas xornadas, pero o “espíritu do Luís Bodegas”, con altibaixos, eso si, parece que se vai mantendo con partidos coma o de hoxe. Que razón tiña aquel que falaba de que o fútbol era “un estado de ánimo”. Hoxe foi o adecuado. 

Volver